Sondaxe realizará a Enquisa sobre "Poboación ocupada na flota galega en augas interiores e nos caladoiros do cantábrico-noroeste"
Jueves, 28 de Enero de 2010 10:03
Dita enquisa foi adxudicada a Sondaxe no concurso convocado pola Consellería do Mar, da Xunta de Galicia, e con ela farase un estudo sobre a poboación que está ocupada traballando na flota galega, tanto en augas interiores como nos caladoiros da rexión cantábrico-noroeste peninsular.

Para devandito concurso, o Instituto Sondaxe foi convidado a participar sen que, para iso, existisen ou interviñesen nin xestións nin intereses ocultos ou pouco claros, como parece que intenta insinuar o diario Xornal, na súa información do pasado día 18 de xaneiro. Ademais da nosa traxectoria e implantación profesionais en Galicia, cremos que o Instituto Sondaxe reúne e ten suficientes motivos e razóns para ser convocado nun concurso deste tipo, negociado e sen publicidade, como outros moitos que se fan deste xeito e aos que noutras ocasións tamén foi convocado (outras veces non), sen que nesas outras ocasións saíse nada nos xornais. Pola nosa banda, e como é habitual, nin sabiamos que íbamos a ser convocados, nin tampouco que outras empresas o foron nin, por suposto, se ibamos a ser os adxudicatarios, como finalmente ocurriu.