Sondaxe realizará as enquisas e diagnósticos da Sociedade da Información de Galicia 2010
Martes, 15 de Febrero de 2011 14:17

Instituto Sondaxe foi a empresa que resultou adxudicataria dos 3 lotes do concurso convocado pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia para a realización dunha series de enquisas sobre determinadas a Sociedade da Información en Galicia.

O concurso comprende o estudo dos principais indicadores de utilización de novas tecnoloxías da información e da comunicación en tres grandes ámbitos da vida socioeconómica da nosa Comunidade Autónoma: poboación, empresas en xeral e empresas do sector das TIC (Tecnoloxía da Información e da Comunicación).

No primer lote, realizarase unha enquisa á poboación galega que entrevistará a 1.500 persoas distribuidas por todos os ámbitos territoriais da nosa comunidade autónoma. O segundo lote do estudo contempla a aplicación de outra enquisa con contidos específicos para coñecer os principais parámetros de penetración e uso das tecnoloxías da comunicación nas empresas galegas de tódolos sectores, baseándose neste caso nunha mostra de 1.325 empresas. Por último, no terceiro dos lotes, tamén entre as empresas galegas, recollerase información específica de 450 entidades adicadas as TIC.