Estudos cualitativos

Estudos cualitativos

Os estudos cualitativos poden ser unha información valiosa en si ou servir como complemento dos estudos cuantitativos. O noso persoal experimentado, a capacidade de captación do público obxectivo, a elaboración de argumentos, as salas propias, a posibilidade de ofrecer servizo de transcrición, tradución e gravación, tanto en audio como en vídeo, conforman a nosa  oferta integral neste tipo de traballos.

  • Reunións de grupo ou “focus groups”: realizamos dinámicas específicas dirixidas a targets concretos para obter información mediante opinións, debates e actividades relacionadas co obxectivo do estudo en cuestión.
  • Pseudocompras ou “mistery shopping”: unha das técnicas máis interesantes e eficaces para coñecer de maneira directa como se está atendendo o noso negocio ou servizo, é obter información do produto no ámbito de consumo habitual que posuiría un/unha cliente/a modelo. A experiencia e o noso persoal convértennos nunha empresa que ofrece, con garantías, este tipo de servizo.
  • Entrevistas en profundidade: a bagaxe dos nosos técnicos capacítanos para obter información de targets pouco accesibles, e permítenos así abordar o obxecto dunha investigación a través de opinións cualificadas.