Estudos electorais Para un amplo sector da poboación as empresas demoscópicas son sinónimo de enquisas electorais. En canto a sondaxe pre e postelectoral, tras pasar polo seguimento de campañas, saídas de urnas etc., Sondaxe entrou por méritos propios no elenco de empresas do sector con maior rigor e veracidade en seguimentos de comicios en España. Colaboramos con distintas formacións e partidos, cada vez máis interesados neste tipo de información, básica para o correcto desenvolvemento das súas respectivas estratexias. Seguimento electoral Fomos pioneiros na creación dos estudos denominados seguimento electoral. O dito estudo preelectoral baséase nunha enquisa continua realizada, a diario, durante o transcurso da campaña electoral, mediante unha mostra significativa de casos. Deste xeito, pódese seguir a dinámica da opinión e as alteracións e os cambios na intención de voto, segundo os avatares da campaña (mitins, declaracións, sucesos etc).
A experiencia e o rigor neste servizo para medios de comunicación (prensa, radio e televisión), tanto a nivel rexional como a nacional, evidénciase ante os resultados precisos dos comicios nos que participamos durante os últimos anos.
|  |
|