Dentro da Corporación  Voz de Galicia, en 1991, nace Sondaxe como empresa especializada en investigación de mercados, márketing e opinión. Desde entonces, son máis de mil os estudos, os traballos e/ou investigacións realizadas relacionadas coa demoscopia, sobre todo, sobre a realidade social galega. Tamén se publicaron moitos deles.
Ademais da nosa sede central na Coruña, contamos con delegacións comerciais en Vigo e en Madrid; así como, coas infraestruturas do grupo noutras trece localidades de Galicia.

A experiencia e o rigor
dos nosos  servizos abarcan os máis diversos
sectores e ámbitos de estudo

sectores y ámbitos de estudio

A experiencia e o rigor dos nosos servizos na consecución de información útil convértenos no marco de referencia para os máis diversos sectores: alimentación, banca, construción, téxtil, inmobiliarias, administración, asociacións, institucións, partidos, axencias de publicidade, institutos, medios de comunicación (prensa, radio e televisión) etc. De tal xeito que, hoxe en día, damos respostas estratéxicas sobre calquera cuestión do mercado: a poboación, a empresa, os/as usuarios/as, as audiencias ou as campañas de márketing.
Entre estes servizos destacan: estudos cuantitativos e cualitativos, pseudocompras, barómetros, tracking (seguimento de campañas), ómnibus (estudos compartidos), rede de campo propia (nivel autonómico, nacional e Portugal), enquisa asistida por ordenador (sistemas CATI e CAPI), Contact Center de recepción e emisión de chamadas (números 900, telerecrutamento, xestión de clientela etc.).
O mellor equipo humano, así como os máis modernos e avanzados métodos, fan posible que, día a día, gañemos a confianza dos nosos  clientes ao axudar nas súas decisións.

Os nosos resultados son a mellor garantía:

Primeira empresa que publica un tracking en Europa, líderes da demoscopia en Galicia, unha das poucas con creación en Portugal ou a nivel nacional, entre as poucas que seguen as distintas convocatorias electorais e cos mellores datos.
Telefono de Contacto: 902 167 300