|
Marketing emocional
En Sondaxe imos un paso máis aló... unha empresa que se preocupa da súa clientela é unha empresa que usa o márketing emocional. Porque nos importan, pódese dotar a cada produto de personalidade propia, adaptándoo as necesidades e implicándoo niso, desde que se nos formula unha dúbida ou unha primeira consulta ata que entregamos o resultado final.
Tratamos de facer o mellor posible o noso traballo, pero tamén o aplicamos de xeito que os nosos estudos indaguen dun xeito distinto... sempre buscando máis información da que nun estudo ad hoc habitual de márketing poida dar.
Co márketing convencional, analízase o que quere o mercado para ofrecelo ou para adaptar un produto ou para resultar atractivo; no entanto, no márketing emocional preténdese ir un paso máis.... captar a emoción e os sentimentos das persoas, non só de posibles clientes.
|
|