|
Barómetros
Coma no caso das enquisas ómnibus ou do seguimento electoral, o Instituto Sondaxe foi pioneiro á hora de desenvolver e poñer en marcha os primeiros barómetros de opinión pública en Galicia, tanto a nivel autonómico como municipal, nas sete principais cidades. Trátase doutra ferramenta para tomar o pulso á poboación respecto a diferentes cuestións e, tamén, á hora de discernir os cambios sobre temas de actualidade. Grazas a isto, resulta posible un seguimento fiable das tendencias e os cambios en diferentes áreas de actuación, sectores, medios e temáticas.
|
|