|
Debido aos nosos estudos continuos e as enquisas publicadas en diferentes medios de comunicación, Sondaxe conta cun amplo e variado banco de datos sobre opinións, actitudes, comportamentos, valores, perfís etc.
En Sondaxe, ofrecemos unha solución integral ou específica para quen desexe dispor dos nosos servizos nesta área. Múltiples investigadores/oras, organismos e entidades xa recorreron ás nosas fontes de información. O noso propósito é ir ampliando e completando cada vez máis esta base, así como ofrecer a posibilidade de realizar as consultas de xeito fácil e áxil, como por exemplo a través de Internet. |