Rede de campo

Rede de campo

Sondaxe conta cunha ampla e experimentada rede de campo, tanto para estudos cuantitativos como cualitativos, creada en toda Galicia, pero tamén no resto de España e Portugal. Entre enquisadores, coordinadores e supervisores, polo noso equipo pasaron máis de 3000 persoas, o que nos confire unha bagaxe dos máis importantes dentro do sector e deste servizo en particular. De feito, Sondaxe fixo un dos maiores traballos de campo realizados en España, ao captar os datos de máis dun millón de persoas para a emisión da Tarxeta Sanitaria en Galicia.